COMO A IGREXA CATÓLICA SE APROPRIA DE BENS PÚBLICOS
Catedrais a 30 euros
08 de Marzo de 2010
"A igrexa católica rexistou mais de mil propriedades nos últimos 12 anos grazas a unha norma franquista (a Lei Hipotecária de 1946) que o Governo de José María Aznar ampliou en 1998 (...). Grazas a esta lei, a igrexa chegou a rexistar catedrais por menos de 30 euros.
O priviléxio converteu-se nun problema para centenares de muncípios na última década, desde Alacant até Cáceres ou león. A maioria son pequenas localidades, cuxos concellos e viciños construíran, financiaran ou mantiveran propriedades abandonadas durante décadas e mui deterioradas", informa Público.
A Lei Hipotecária permite realizar as inmatriculacións sen o coñecimento público e con a única garantia da palabra do bispo, a quen só se esixe dar fé de que o ben incautado pertence à igrexa.
Alejandro Torres, profesor de Direito Eclesiástico da Universiade Pública de Nafarroa, vé unha saída legal: "Se nengunha confisión ten carácter estatal, por que os bispos poden expedir certificación de domínio con titularidade pública? Todosos demais temos de acudir a un notário para inscrevermos as nosas casas", explica.
Categoría: Xeral |
