CADEAS PERPÉTUAS
Entrega de preso a Franza sen garantias
25 de Xuño de 2009
Antonio Carlos Nieto Galindo, antigo membro da Coordinadora de Presos en Luita (COPEL) chegará en Outubro aos 35 anos de prisión en cárceres do estado español e o governo xa ten decidido entregá-lo a Franza para que cumpra nese estado duas cadeas perpétuas.
En Franza, António Carlos Nieto Galindo foi condenado en rebeldia de maneira ilegal pois a xustiza francesa tiña constáncia de que estava preso no Reino de España e, quer quixera, quer non, nom podia apresentar-se ao xuízo. Por outra parte, a advogada, que xa reclamou provas biométricas que poden demonstrar a non participación nalguns atracos polos que no seu dia foi condenado o Sr. Nieto Galindo, non pode aceder aos expediente porque "son mui antigos e están extraviados" (sic).
Con que garantias entrega o governo español unha persoa que foi xulgada de maneira irregular e declarada ilegalmente en rebeldia e a cuxos expedientes non ten aceso a defensa? pergunta-se o colectivo Tokata.
Mais información aqui.
Categoría: Xeral |
