NA COMISARIA DE LUGO
Imigrante denuncia tratamento discriminatório
10 de Marzo de 2010
O Foro Galego da Inmigración solicitou o pasado 8 de Marzo entrevista urxente con o Subdelegado de Governo de Lugo a fin de esclarecer unha actuación policial a raiz da denúncia de unha imigrante residente nesa cidade.
V. iniciou o mes de Outubro do pasado ano os trámites para contrair casamento con un cidadán de lugo, o que motivou que fose citada en comisaria a fin de responder en comisaria a algunhas perguntas. Ali foi retida durante 4 horas e tratada de forma vexatória. Ao seu futuro marido foi-lle comunicado que seria sancionado por "viver con unha persoa en situación administrativa irregular". Tamén lle foi retido o pasaporte e desde aquela está obrigada a asistir regularmente a comisaria para asinar apesar de teren xa decorrido vários meses e sen que ninguén saiba explicar-lle cando concluirá esta obrigacíón.
Ver aqui o texto do F.G.I.
Categoría: Xeral |
