Esculca - Observatório para a Defensa dos Direitos e Liberdades
Início   Quen somos?   Opinión   Boletin   Documentos   Lexislación internacional   Mediateca   Entrevistas   Galeria   Contacto


EsCULcA o 25

Oferenda, laicidade e coaccións

28 de Xullo de 2010

Como xa ven sendo habitual desde hai alguns anos, tamén este 25 de Xullo EsCULcA distribuiu na Praza do Obradoiro o seu  Manifesto a favor da laicidade para reclamar a non participación das instituicións públicas en actos relixiosos, o fin dos priviléxios de que goza a igrexa católica no Reino de España e a construción de "unha democracia en que o Estado sexa relixiosamente neutro e as confisións politicamente irrelevantes".
Na entrada da praza, un axente da Polícia Nacional, despois de dirixir-se a E.S., membro de EsCULCa que distribuía ali o documento, para lle pedir un exemplar tentou obrigar a activista a afastar-se "150 metros" do lugar en que esta se encontrava antes de o axente se aproximar dela. Ao  tomar nota E.S. do número de placa do axente, este deu-lle orde de se identificar apesar de recoñecer, en resposta à pergunta formulada por F.B., tamén membro de EsCULcA, que E.S. non cometera infracción algunha.
Posteriormente,  encanto aguardava ser atendida na sala de espera da comisaria de Compostela, onde comparecera para apresentar denúncia por coaccións, pudo observar a entrada dos axentes no edifício. Cando por fin foi chamada, comunicaron-lle que os axentes apresentaran entretanto denúncia contra ela e que isto a impedia de declarar como denunciante. Apesar  das protestas do advogado, Fernando Blanco Arce, como o axente que atendia se negou rotundamente a recoller a sua declaración como denunciante, E.S. deixou por escrito o relato dos feitos, texto que, por falta de "intérprete" na comisaria, escreveu directamente a mao.



Categoría: Xeral