Esculca - Observatório para a Defensa dos Direitos e Liberdades
Início   Quen somos?   Opinión   Boletin   Documentos   Lexislación internacional   Mediateca   Entrevistas   Galeria   Contacto


CINCO ANOS DE RETENCIÓN ILEGAL

Pola liberdade de Joaquín Garcés Villacampa

25 de Xuño de 2009

O colectivo Tokata desenvolve unha campaña de envío de faxes para reclamar a liberdade de Joaquín Garcés Villacampa, preso nestes momentos no Centro Penitenciáro de Castellón onde leva a cabo un dia de xexun semanal e se nega a aceitar asisténcia médica.

Con esta campaña, Tokata quer apoiar as reivindicacións do Sr. Garcés Villacampa, que reclama a sua posta en liberdade por ter  teria de pasado 5 anos retido ilegalmente en centros penitenciários do estado. O carácter irregular desta situación, recorrida polo seu advogado actual perante o Xulgado Central de Vixiláncia Penitenciária, foi recoñecido polo próprio xuiz, que se pronunciou a favor da sua posta en liberdade en Marzo deste ano. No entanto o fiscal conseguiu bloquear a excarcelación do Sr. Garcés Villacampa recorrendo a un ardil: primeiro recorreu a decisión do xuiz e despois declarou-se incompetente.

Mais información aqui.



Categoría: Xeral