Esculca - Observatório para a Defensa dos Direitos e Liberdades
Início   Quen somos?   Opinión   Boletin   Documentos   Lexislación internacional   Mediateca   Entrevistas   Galeria   Contacto


CAMPAÑA

Retirar o andaime: 1.000.000 €

07 de Marzo de 2010

O arcebispado de Santiago quer retirar o andaime instalado para a restauración do Pórtico da Glória e encarregou un estudo técnico para analisar como se pode desmontar a estrutura, de maneira que o monumento luza sen os ferros que agora o tapan, cando o papa católico visite Santiago o próximo 6 de Novembro, informa La Opinión, que recolle tamén os desexos expresados por Javier Losada, alcalde da Coruña, no sentido de querer beneficiar da "poténcia mediática do líder espirutal dos católicos".
Entretanto, o anúncio da visita a Compostela reactivou a actividade dos grupos críticos con a viaxe prevista para 2011 a Madrid, que sob o lema "Non à visita do papa. Non con os meus impostos" desenvolve unha campaña en Facebook en que anima os internautas a enviaren mensaxes de protesto.

Mais información aqui.



Categoría: Xeral