Esculca - Observatório para a Defensa dos Direitos e Liberdades
Início   Quen somos?   Opinión   Boletin   Documentos   Lexislación internacional   Mediateca   Entrevistas   Galeria   Contacto


Paul Todd, Jonathan Bloch e Patrick Fitzgerald

Spies, Lies and the War on Terror

EsCULcA

Spies, Lies and the War on Terror

A Guerra contra o Terror propiciou a saída da sombra dos servizos de intelixéncia, que agora ocupan un lugar relevante na vida política. Entrega de persoas, vixiláncia sen controlo, tortura, detencións ilegais, etc. converteron-se en norma.  

Spies, Lies and the War on Terror descreve a transformación destes servizos que, de seren unha ferramenta para facer cumprir a lei acabaron convertidos nun meio de burlar a lei, nacional e internacional. 

A nova cultura do vitimismo dos EUA e os seus parceiros está dando cabo das liberdades civis e contribuindo à formación de unha rede global de actividades extra-legais. Os estados e os intereses empresariais confunden-se no novo negócio da privatización do medo, afirman Todd e Bloch.

Para os autores, a burocracia e a falta de perspectiva política non só non atenuan os riscos da ameaza terrorista senón que contribuen a aumentá-los.

 

 

Categoría: Biblioteca






Última actualización da web:
31 Agosto 2010