Esculca - Observatório para a Defensa dos Direitos e Liberdades
Início   Quen somos?   Opinión   Boletin   Documentos   Lexislación internacional   Mediateca   Entrevistas   Galeria   Contacto


85 EUROS POR CABEZA

Subsídio relixioso?

31 de Xullo de 2009
A Cidade Autónoma de Melilla (CAM) asinou un convénio con a comunidade israelita (unhas 1000 persoas) para financiar as actividades deste colectivo por un total de 70.000 euros, denuncia a Asociación Intercultura melillense. A maiores, a CAM subscreveu un acordo con a Casa de Melilla en Xerusalén por valor de 15.000 euros destinados a fomentar "actividades nada claras", segundo Yonaida Sellan, presidenta de Intercultura. Mais información aqui. Ler o resto do artigo »


THE ELDERS

Visita a Palestina

30 de Xullo de 2009
The Elders, o grupo de dirixentes reunidos por Nelson Mandela, acaba de anunciar a visita que a finais do próximo mes de Agosto realizará unha delegación do colectivo a Israel, Cisxordánia e Gaza. A delegación estará encabezada por Fernando Henrique Cardoso, ex-presidente de Brasil, e nela participarán Ela Bhatt, Gro Brundtland, Jimmy Carter, Mary Robinson e Desmond Tutu. O colectivo The Elders constitui-se en 2007 por iniciativa de Richard... Ler o resto do artigo »


PROMOVENDO A CULTURA DA PAZ E OS DD.HH.

Non à industria da guerra

29 de Xullo de 2009
O Centre d'Estudis per a la Pau JMDelàs, insta o governo da Generalitat de Catalunya a non apoiar o proxecto da empresa catalá GTD de levar à zona Franca de Barcelona a fabricación de 300 unidades do veículo blindado 8x8 militar que o Governo español sacará a concurso.O  Centro lembra que ese apoio seria contraditório con a lei 21/2003 de Fomento da Paz aprovada polo Parlamento de Catalunya o 04/07/03 e mesmo con o preámbulo do... Ler o resto do artigo »


O MOTIM DE CAXIAS

Todos absolvidos

27 de Xullo de 2009
"No dia 16 de Julho, quinta-feira, teve lugar a leitura da sentença do julgamento dos 25 de Caxias no tribunal de Oeiras. Todos os arguidos foram absolvidos. A sessão teve como única interveniente a juíza que na leitura do acórdão deu a conhecer algumas coisas que já tinham sido entendidas por todos ao longo das sessões do julgamento. Numa declaração relativamente longa a juíza explicou a incapacidade por parte do... Ler o resto do artigo »


A RESPONSABILIDADE PENAL DO MENOR

Dureza e desigualdade

27 de Xullo de 2009
"A sociedade pede dureza cando non se outorgaron posiblidades de igualdade", afirma Felix Pantoja, xurista de longo percorrido que participou na redacción da Lei 5/200 de Responsabilidade do Menor e foi fiscal de menores da CAM, nunha mui interesante entrevista que publica o xornal Diagonal en que alerta sobre os déficits que existen na protección de adolescentes e pré-adolescentes e aponta medidas para corrixir esta situación. Ler o resto do artigo »


MANIFESTO DA CPT

Criación do Mecanismo para a Prevención da Tortura

23 de Xullo de 2009
A Coordenadora para a Prevención da Tortura (CPT) fixo público un manifesto en que dá conta da situación das negociacións con o Governo sobre a posta en marcha do Mecanismo de Prevención da Tortura (MNPT). O prazo para a implementación deste mecanismo rematou o pasado dia 22 de Xullo, unha vez vencida a prórroga que solicitara o governo español. No seu manifesto, a CPT alerta tamén da opacidade que rodea a designación... Ler o resto do artigo »


MORTES EN PRISIÓN

Tenerife: morto xoven coruñés na sua cela

22 de Xullo de 2009
O pasado dia 21, foi achado morto na sua cela na prisión de Tenerife un mozo de 19 anos natural da Coruña, esganado con unha prenda de roupa. O mozo fora detido na Illa hai un meses e estava no módulo de isolamento, informa La Opinión de Tenerife. Unha muller que acudiu de imediato ao Centro ao saber do acontecido, temendo que o falecido fose un seu irmao que tentara suicidar-se duas semanas antes, non conseguiu información algumha dos responsáveis da... Ler o resto do artigo »


ANÁLISE DE REPRIEVE

Os primeiros seis meses de Obama

22 de Xullo de 2009
A organización británica Reprieve, que presta asisténcia letrada a persoas presas sen recursos, acaba de fazer pública unha análise sobre a actuación do governo Obama. O relatório centra-se en catro ámbios relacionados con as detencións ilegais praticadas polo anterior executivo Bush: 1.Transparéncia e responsabilidade en relación aos abusos cometidos no pasado. 2. Aceso... Ler o resto do artigo »


GAZA: SEIS MESES, CERO XUSTIZA

A favor da investigación internacional

21 de Xullo de 2009
 As autoridades israelitas non abriron nengunha investigación indepenente e imparcial sobre a actuación das suas forzas; de feito opuxeron-se activamente a que se abrise. Negaro-se a oferecer cooperación e aceso ao país a unha misión internacional independente de investigación estabelecida polo Consello de Direitos Humanos da ONU dirixida polo xuiz Richard J. Goldstone, mermano asi a sua capacidade para cumprir con o seu cometido. Hamas si permitiu... Ler o resto do artigo »


SENTADA PARA IMPEDIR CONSTRUCIÓN ILEGAL

Denuncian agresión policial contra manifestación pacífica

21 de Xullo de 2009
A asociación ecoloxista Verdegaia, integrada na Rede Galiza non se Vende denuncia que cando unhas 15 persoas tentavan impedir o acesode camións que non contavan con licenza nun acto de protesta pacífico foron agredidas pola Guarda Civil e várias delas resultaron feridas ou foron detidas. Un membro do Foro Social de Cangas recebeu unha pancada na perna recentemente operada e tivo de ser conducido a un centro hospitalário. "Entre os detidos... Ler o resto do artigo »


De 1 a 10 resultados

Páxinas:  1 2
 
En destaque
Redefinindo a privacidade. Orwell 2010

9-10 SETEMBRO. COMPOSTELA.

Actualmente, os Estados dos países desenvolvidos armáronse dos mais bastos e eficaces instrumentos e técnicas de controlo do cidadán: ven e escoitan todo o que estes fan, din e pensan. E arquívano: fica gardado e disposto para ser tratado. Estes Estados, se ben celosos da sua soberania, articulan acordos de cooperación para "vixilancia e seguridade" e os custes de todo isto corren de conta do cidadán. Mas o uso destas técnicas non se restrinxe aos poderes públicos. Rivalizan con eles grandes corporacións privadas, que polo seu carácter e ámbito de actuación transnacional e global exercen tanto control como os Estados ou un control e uso comparábel. Portanto, parece de candente actualidade, necesidade e trascendéncia:
  • Obter unha descrición clara das novas tecnoloxías utilizadas polos poderes públicos e grandes corporacións, mediante as que seguen e controlan o cidadán no seu devir social e privado, e os extremos aos que chegan.
     
  • Obter claro coñecemento dos instrumentos de garantía que, fronte ás tecnoloxías invasivas, ofrecen os Estados e asociacións de Estados.
Todo isto, polo menos, desde a perspectiva dos dereitos e liberdades públicas afectadas e da xustificación e proporcionalidade dos medios utilizados e dos límites impostos ao uso dos mesmos. Á sua vez, parece necesario dar a coñecer os procedementos cos que conta e cos que debe contar o cidadán para reaccionar contra as prácticas invasivas e de control de que é obxecto e para controlar aos controladores.

 · Ler o programa completo.
Opinión
Israel rexeita inspección da OIEA
J.M. Álvarez (Rebelión - 06/09/2010)

El régimen sionista de Israel se ha negado a las peticiones del Organismo Internacional de Energía Atómica (OIEA) para que permita que inspectores internacionales examinen su... (+) Ler mais


Unha investigación pendente
Carlos Jiménez Villarejo (Público - 05/09/2010)

Recientemente, el Ministerio de la Presidencia ha reconocido y subvencionado un proyecto de investigación histórica promovido por la Cátedra Extraordinaria Memoria... (+) Ler mais


Un alvo fácil de Sarkozy
Rita Silva (esquerda.net - 31/08/2010)

“C'est la guerre!”, “Nous serons intraitables”, “Il n'y aura plus d'excuses”, “Nous allons éradiquer”, “J'ai donné l'ordre... (+) Ler mais


Wikileaks
F. Martínez Hidalgo (24/08/2010 - Xornal de Galicia)

Os gobernos veñen usando etiquetas como “seguridade nacional”, “alto segredo”, “datos reservados” e, ultimamente, os borrosos límites da... (+) Ler mais


Retiran-se os EUA do Iraque?
Daniele Tomasini (22/08/2010 - Rebelión)

En las últimas horas, los medios de todo el mundo han proclamado a bombo y platillo el fin de la ocupación norteamericana en Iraq. Para citar sólo los titulares de los cinco... (+) Ler mais


Sob as mentiras de hoxe
John Pilger (06/08/2010 - tradución www.resistir.info)

No aniversário do lançamento da bomba atómica sobre Hiroshima, a 6 de Agosto de 1945, John Pilger descreve a 'sucessão de mentiras' desde a poeira daquela cidade... (+) Ler mais


Raro, raro, raro
Rebelión (09/08/2010)

Según recoge GARA, los detenidos fueron trasladados al hospital de Santiago para hacerles unas placas. Agirresarobe fue llevado al hospital el miércoles y Ezkerra el jueves. No se les... (+) Ler mais


 

Lexislación Internacional

Última actualización da web:
31 Agosto 2010


RSS